José Manuel García, presidente do Celta Barreiros, agradece todo o traballo realizado polas cociñeiras “que estiveron coa tixola desde as sete da tarde ata as doce da noite e de todas esas persoas anónimas, que temos ao noso carón, e que nos axudan sempre para que estas festas se leven adiante. Fixeron todos un traballo espectacular”.
García tamén tivo palabras de agradecemento para os Concellos de Barreiros e de Foz “pola súa colaboración”.
A Festa do Ovo Frito, que discorreu nun ambiente moi familiar, foi un éxito que a organización agarda repetir o vindeiro ano.