Emilio reivindicou o mantemento deste tipo de festas e do palco de lona, palcos nos que ao longo da nosa historia actuaron as mellores voces e os mellores músicos do país. O pregoeiro rememorou diversas anécdotas vividas na romería, fixo un breve repaso pola historia do santo ademáis de falar dos seus vínculos coa parroquia de Celeiro de Mariñaos
A romería comezará o sábado 16 ás 13:30 con misa na capela e procesión, para continuar con unha maravillosa sesión vermu co Grupo de Gaitas da A.C. Saíñas de Xove e o grupo de música cubana con alma galega Toxo Guayaba
Haberá concurso de tortillas, e por suposto, degustación de tortilla. Pola tarde, outra gran actuación musical para o público miudo: Peter Punk Pallaso , co espectáculo “Chungo que te cagas”. Pola noite amenizará a verbena De Luxe Música. Haberá o xa clásico Baile do Farolillo e ao remate, chocolatada.
O domingo 17, ás 13:30 iniciarase a sesión vermú co Dúo Sonidos.
A tapa desta sesión vermú será o xamón cocido e cunca de caldo.
Ás 17:30 será o concurso Máster Tortilla, que poñerá o broche final a esta romería.
Cartel e camisolas de autor
No plan de difusión desta romería contan coma en anos anteriores con cartel e camisola de autor, deseñados polo artista gráfico David Ribas Pena, inspirada este ano no pintor francés Eugène Delacroix.
A camisola e demáis material de merchandising está xa á venta e poderase adquirir tamén na propia romería.