Site icon Crónica3.com A Mariña

60 mozxs de Xove de entre 9 e 16 anos, desprazáronse este mércores ás instalacións do Urban Planet de Oleiros

Estiveron acompañadxs polo persoal voluntario e monitoras de Mañás Activas xunto coas dúas técnicas de xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde pararon a xantar no Lago das Pontes para coñecer a historia da súa creación e darse un baño na praia. Esta viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán Xove 2025”.

Exit mobile version