
Posteriormente, terá lugar o xantar anual habitual, propio da xornada asamblearia ás 15:30 h. no restaurante Náutico de Ribadeo. Como xa é tradicional na asociación, “o noso propósito radica no fomento e práctica das xuntanzas gatronómicas polos locais de restauración da bisbarra entre os nosos asociados, favorecendo o consumo dos productos locais ou do país e a cociña tradicional na elaboración e degustación dos mesmos; así mesmo levar o bo nome do Valadouro por tódolos lugares polos que imos, como vimos facendo dende a nosa fundación, aló polo ano 1992”.