Site icon Crónica3.com A Mariña

A Burger Fest doa 1.500 euros á comisión de festas de Ribadeo grazas á iniciativa de vasos reutilizables

Ribadeo, 13 de agosto de 2025. Nesta edición da Burger Fest de Ribadeo, púxose en marcha unha iniciativa medioambiental con dous obxectivos principais: diminuír o uso de plásticos e reducir o impacto na ría. Grazas a esta medida, recadáronse 1.500 euros que foron entregados integramente á Comisión de Festas de Ribadeo. Estes fondos contribuirán á organización das celebracións e actividades culturais da vila, permitindo manter unha programación variada e de calidade para veciños e visitantes.

Desde a Comisión de Festas, Juan Luis López Vivas destacou: “Desde a Comisión de Festas queremos expresar o noso agradecemento á Burger Fest por apoiar as celebracións de Ribadeo e impulsar accións responsables. Agardamos poder contar con outra edición tan pronto como sexa posible”.

A organización da Burger Fest sinala que a acollida por parte do público foi moi positiva, e que a experiencia servirá de exemplo para futuros eventos sostibles na vila.

Exit mobile version