O total subvencionado ascende a 115.328,45€, dos cais o 70% esta cofinanciado pola Union Europea a traves de Fondos FEMPA (80.729,92€) e o 30% a Comunidade Autonoma de Galicia (34.598,53€)
O Proxecto “Pescarte: a prol da PESca Costeira artesanal” Pescarte ten como obxectivo principal divulgar e sensibilizar á comunidade sobre a importancia da pesca costeira artesanal, así como revalorizar tanto as técnicas de pesca tradicionais e os oficios pesqueiros como as especies capturadas de maneira sostible na costa local, contribuíndo á súa conserva e á mellora do seu consumo; así mesmo, busca incentivar o relevo xeracional e dar a coñecer e por en valor produtos pescados pola frota burelense e comercializados na lonxa da localidade.
O seu obxectivo específico é permitir unha economia azul sostible nas zonas costeiras, insulares e interiores, e fomentar o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuicolas
️ Os resultados esperados son:
-Reforzo do relevo xeracional no sector pesqueiro e aumento da sustentabilidade economica local -Aumento da practica da pesca sostible eficiente no uso dos recursos e respetuosa co medio ambiente -Incremento do consumo dos produtos pesqueiros do territorio
-Incremento da valorizacion dos produtos locais pesqueiros menos conecidos e con potencial gastronomico
-Aumento da participacion e integracion da mocidade no sector pesqueiro
-Incremento da participacion e incorporacion das mulleres nas actividades maritimo pesqueiras -Aumento da visibilidade e empoderamento das mulleres que traballan no sector pesqueiro
-Incremento da recuperacion e valorizacion do patrimonio cultural pesqueiro e as actividades maritimo pesqueiras
-Incremento da accesibilidade, da integracion real e efectiva e do acceso a cultura marineira inclusiva
-Incremento do reconecemento do papel da Confraria como entidade dinamizadora do ambito local
-Incremento do uso de sistemas enerxeticos mais eficientes e ecoloxicos
O Proxecto Pescarte é de carácter bianual e conta con 10 actividades.