Site icon Crónica3.com A Mariña

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu este sábado ao pregón de apertura da XXXIII edición do Mercado Medieval que se celebrou en Mondoñedo

Neste evento, Gómez salientou a importancia deste tipo de feiras para promocionar os produtos agroalimentarios de Galicia, así como para impulsar as producións locais de proximidade. Ademais, a conselleira puxo en valor a ampla tradición deste Mercado Medieval, que está considerado como un dos máis antigos da provincia e que presenta unha ampla oferta de postos artesáns. Estes espazos amosan os oficios tradicionais da Idade Media, proporcionan a posibilidade de degustar diferentes produtos alimentarios, entre outras actividades.

Exit mobile version