Site icon Crónica3.com A Mariña

A cuarta regata da Copa Deputación de piragüismo disputarase en Viveiro o 17 de agosto

A competición empezará ás 10.30 horas e contará con probas de categorías de base

Viveiro, 12 de agosto de 2025. A cuarta regata da Copa Deputación de piragüismo disputarase o domingo 17 de agosto en Viveiro. Para embarcacións de tipo C-1 e K-1, servirá para retomar a competición logo das probas celebradas en Portomarín, Ribadeo e Cervo.

As primeiras saídas, das categorías prebenxamín e benxamín, daranse ás 10.30 horas. Despois terán lugar as competicións infantil (11.00 horas), alevín (11.30 horas) e cadete e xuvenil (12.00 horas).

Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, sinalou que a regata «reforza a aposta do noso Concello polo deporte de base e pola dinamización responsable». «Agradecemos o esforzo dos organizadores e convidamos á veciñanza a gozar dunha xornada de piragüismo», indicou.

Exit mobile version