O Presidente José Tomé Roca asinou este xoves no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración co máximo representante da entidade para axudar a financiar a divulgación da pesca na Mariña e apoiar o funcionamento da organización
Este acordo ten como obxectivo promocionar as tradicións mariñeiras e concienciar á sociedade sobre cuestións relacionadas co mar, as variedades das especies, artellos ou tipos de pesca. Como o ano pasado, é unha campaña divulgativa inclúe diversos materiais informativos e divulgativos, como carteis, pezas audiovisuais e folletos. Ademais, seguiranse a realizar as visitas ao porto con institutos da comarca e de toda a provincia, que están a ter unha grande acollida para achegar as novas xeracións o importante labor pesqueiro.
Tomé Roca destacou que esta achega é unha mostra do compromiso da institución co sector pesqueiro. Así mesmo, o Presidente valorou o traballo que leva a cabo a Federación, “fundamental para que tanto as embarcacións de altura, de gran altura, litoral e baixura poidan realizar o seu traballo traendo a porto un produto de máxima calidade e identidade na nosa provincia”.
A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo engloba todas as confrarías da provincia lucense, situadas en Ribadeo, Foz, Burela, San Cibrao, Celeiro e O Vicedo.