
Houbo intervencións do crítico literario Ángel Basanta e dos escritores Francisco Álvarez Koki e Xosé Manuel Malheiro, que glosaron a súa traxectoria como ensinante e renovador pedagóxico desde o Seminario de Mondoñedo ata as universidades neoiorquinas onde fundou o programa cultura e educativo Solidaridad Humana para formar emigrantes. A homenaxe, que contou coa presenza da familia, completarase coa inauguración da rúa Dino Pacio Lindín, unha das vias laterais á Praza e a Casa do Concello, un recoñecemento impulsado pola comunidade de montes Coto das Louseiras de Xemil. A área de Cultura colaborou na edición, en 2021, do libro “Dino Pacio Lindín, o guía dunha vangarda cultural”, coordinado por Manuel Rivas García, con textos de antigos alumnos e amizades do sociólogo pastoricense.