Site icon Crónica3.com A Mariña

A explanada da Madalena converterase o venres 22 de agosto no epicentro musical das Festas de San Ramón e Santa María de Vilalba co “venres da xira”, unha cita que contará con actuacións de artistas locais e convidados, ofrecendo unha ampla variedade de estilos e propostas musicais

O programa desta edición arrincará ás 21:00 horas con Decrux B2B Bristradd nun chill house set; seguirá ás 22:00 horas con El Chocolay e Jorgito + Talent; ás 23:00 horas será a quenda de Cris V; ás 00:30 horas subirá ao escenario David García; e para pechar a noite, ás 2:00 horas, volverán Decrux B2B Bristradd.

Exit mobile version