Desenvolverase ata o venres 15 de agosto e os visitantes terán un 10% de desconto nas compras das obras que escollan
A cita reunirá librarías, editoriais e autores que ofrecerán ao público unha ampla variedade de títulos, ademais dun desconto do 10 % na compra dos libros. O lema desta edición é «Onde florecen os libros», e ao longo dos catro días nos que se desenvolverá, organizaranse sinaturas, presentacións e actividades culturais.
A alcaldesa Mariña Gueimunde, destacou a importancia desta cita para a dinamización cultural e social do Concello: «A Feira do Libro é un punto de encontro entre lectores, autores e profesionais do sector, e unha oportunidade para gozar da literatura ao aire libre nun entorno privilexiado como son os Xardíns de Noriega Varela».
A programación completa da Feira do Libro, cos horarios e actividades de cada xornada, pode consultarse na web librarias.org.