Con máis de 141.000 noites rexistradas e case 76.000 visitantes (+4,5%), a zona é un destino de referencia no conxunto da oferta turística da comunidade
Por mercados, os turistas procedentes do ámbito nacional que visitaron a Mariña Lucense nestes primeiros seis meses supuxeron o 85% do total, mentres que o restante 15% foron de procedencia internacional.
Os bos datos turísticos do xeodestino alíñanse coas cifras do total da comunidade. Durante o primeiro semestre, Galicia sumou un 4,5% máis de visitantes, ata os 2,9M. Ademais, ao incrementar un 3,8% as noites rexistradas, acadou as cifras récord de 4,9M de pernoctas. Crece especialmente o mercado internacional, cun 5,5% máis, ata os 1,17 millóns de turistas -case o 40% do total de visitantes-. O impacto económico ascendeu aos 165M€, un 4,3% máis, coa rendibilidade sumando un 8,7%.
As cifras supoñen ademais un avance na estratexia de desestacionalización da Xunta, con incrementos dun 6,7% de visitantes en xuño un 4,3% en xaneiro e un 3,1% en febreiro.
Xosé Merelles participou hoxe na misa solemne na capela de San Roque en Ribadeo. A celebración é un dos puntos centrais das festas de San Roque, patrón da localidade con Santa María de Campo. Merelles recoñeceu a relevancia das festas locais para a oferta turística na comunidade, valorándoas “como un reclamo único” e destacando “a importancia da implicación local para o desenvolvemento do evento”.