Na sesión matinal, a compañía Zirko Txosko encheu de humor e acrobacias o espazo coa súa proposta ‘Oh Pera!’, conquistando a grandes e pequenos.
A despedida definitiva chegou pola noite coa actuación da Agrupación Assircopatas, que presentou ‘Rogelio III. La fête’. Este último espectáculo puxo o broche de ouro á presente edición da Mostra, consolidando a súa relevancia como unha das citas teatrais máis destacadas do panorama cultural galego.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destacou que “a Mostra é moito máis ca unha programación cultural; é unha cita que reforza a identidade de Cariño, dinamiza o noso comercio e hostalaría e proxecta a imaxe do noso concello en toda Galicia”.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Laura García, puxo en valor “o esforzo e implicación para levar a cabo esta Mostra de Teatro, así como a calidade e diversidade das propostas escénicas, que fixeron posible que esta edición fose un éxito de participación e emoción”.