Site icon Crónica3.com A Mariña

A participación na Feira do Bonito de Burela reforza a promoción da Festa da Enfariñada de Trabada

Trabada, 3 de agosto de 2025. O Concello de Trabada participou este domingo na XXXIX Feira do Bonito de Burela cunha proposta gastronómica conxunta que tivo unha excelente acollida entre o público asistente. Servíronse 250 racións dunha receita de enfariñada con ventresca de bonito, elaborada por voluntarios e voluntarias das dúas localidades, que traballaron desde primeira hora da mañá para facer posible esta acción.

O alcalde de Trabada, Rubén García, valorou a iniciativa afirmando: «Un éxito, vendéronse ás 250 racións de enfariñada con ventresca de bonito». Ademais, quixo «agradecer a boa acollida por parte dos membros da Asociación Ledicia e da alcaldesa de Burela, Carmela López», así como o traballo de todos os voluntarios e voluntarias que participaron na preparación.

García sinalou tamén que «este tipo de iniciativas axuda a promocionar a nosa Festa da Enfariñada, percorrendo diferentes puntos da provincia como xa se fixo anteriormente acudindo á Festa da Filloa de Muimenta».

Exit mobile version