A medida enmárcase dentro da liña de traballo do Concello para seguir ofrecendo servizos públicos de calidade, adaptados ás necesidades da veciñanza e especialmente da mocidade, que cada ano fai un uso intensivo da piscina como punto de encontro e diversión nos meses estivais.
O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou que “seguimos mellorando as instalacións deportivas do noso municipio, nesta ocasión coa instalación de dous tobogáns na piscina municipal. Trátase dunha pequena actuación que supón unha nova proposta de lecer para que as rapazas e rapaces poidan gozar aínda máis do seu tempo na piscina”.
García engadiu que “desde o Concello continuaremos traballando para que as instalacións públicas sexan espazos atractivos, seguros e ben equipados, que contribúan a mellorar a calidade de vida das nosas veciñas e veciños”.
O Concello anima á veciñanza a desfrutar da piscina municipal e destas novas incorporacións pensadas para fomentar o deporte, a convivencia e o lecer ao aire libre.