Site icon Crónica3.com A Mariña

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará en Trabada os días 23 e 24 de setembro

Trabada, 26 de agosto de 2025. O Concello de Trabada informa de que os vindeiros días 23 e 24 de setembro a unidade móbil de inspección técnica de behículos agrícolas desprazarase ao municipio para realizar as inspeccións periódicas.

A ubicación será na expranada do punto limpo e o horario de atención ao público será o seguinte:

Mañá: de 09:00 a 13:30 horas
Tarde: de 15:15 a 18:00 horas

As persoas interesadas deberán solicitar cita previa, ben a través do teléfono 981 92 80 80, ou da páxina web www.sycitv.com.

O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou que “desde o Concello facilitamos a chegada deste servizo co obxectivo de que os nosos veciños e veciñas, especialmente os profesionais do sector agrícola, teñan á súa disposición a posibilidade de pasar a inspección sen ter que desprazarse a outros concellos”.

Desde o Concello de Trabada anímase a todos os propietarios de vehículos agrícolas a aproveitar esta oportunidade e cumprir coa obrigatoriedade de pasar a ITV, garantindo así a seguridade e o correcto funcionamento do seu parque móbil.

Exit mobile version