Diego Campo e Marcos Gueimunde, da Asociación Fanto Fantini, debullaron no acto organizado na nave de Produart o programa por días do festival, que reunirá unha vintena de bandas e artistas do panorama galego e estatal.
Na súa intervención, Daniel García referiuse ao Osa do Mar como “un festival que estivo sempre á vangarda e que é un referente para outros festivais que foron xurdindo ao longo destes anos na provincia” e destacou “a implicación e o compromiso da organización con Burela e coas súas sinais de identidade, que fai que o festival se viva con felicidade na vila”.
O responsable provincial ratificou “o apoio ao Osa do Mar, co que se colaborou desde a primeira edición” e incidíu na aposta da Vicepresidencia da Deputación polos festivais que nacen do tecido asociativo e que ofrecen escenarios para bandas galegas e emerxentes, que tiveron un papel chave na puxanza e no recoñecemento actual dos artistas e bandas galegas”