Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta anuncia no Valadouro un reforzo á industria forestal galega cunha liña de axudas de 10M€ para mellorar a súa competitividade

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visita no Valadouro (Lugo) a empresa Loxística Marcos Rodríguez

O Valadouro, 13 de agosto de 2025. O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, salientou hoxe que a Xunta está a reforzar o apoio á industria forestal galega cunha liña de axudas específica para investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais.

Fernández Ríos visitou no Valadouro (Lugo) os traballos que está a realizar a pé de monte Loxística Marcos Rodríguez, empresa que desde a súa creación se especializou en traballos en terreos de difícil acceso na comercialización de eucalipto e piñeiro na provincia de Lugo e beneficiaria destes apoios en convocatorias anteriores.

Tal e como explicou o director da Xera, o importe total das axudas ascende a 10 millóns de euros para o bienio 2025-2026 e permitirán mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas que integran a cadea de valor monte-industria galega.

Así, os apoios poñen en valor o conxunto de recursos que atesouran os bosques galegos xunto cos equipamentos, maquinaria e as instalacións necesarias para incrementar o peso da industria ligada a toda a cadea de valor ao tempo que se melloran as condicións dos traballos forestais.

A convocatoria deste ano, que se resolverá nas vindeiras semanas, avanza na filosofía da Administración galega de desburocratizar e axilizar trámites e enmárcase na Axenda de impulso forestal-madeira que, deseñada conxuntamente cos principais axentes do sector, ten como obxectivo potencialo e impulsar a súa modernización, a bioeconomía como motor de competitividade, favorecendo unha sociedade saudable, neutra en carbono, baseada no emprego verde e no consumo de produtos locais.

Exit mobile version