Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta patrocina un concerto de ‘La Penúltima Sabinera’ este venres en Lourenzá, no marco dos actos da ‘Lenda do Conde’

Lourenzá, 28 de agosto de 2025. A Xunta colabora coas festas do Conde Santo de Lourenzá, que se celebran dende hoxe ata o próximo luns, 1 de setembro, cunha variada programación de actividades.

O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación dos actos xunto con membros da asociación cultural Conde Santo, responsable da organización. O espectáculo teatral Punto en boca: entre fíos anda o lío, seguido do pregón, abren esta tarde o festexos.

Mañá venres será o Día da Bicicleta. Pola noite, o claustro do Mosteiro de San Salvador acollerá a cea da Lenda do Conde – 21,30 horas – e un concerto de La Penúltima Sabinera – 23.30 horas – patrocinado pola Xunta. A organización anima aos asistentes a acudir ataviados con traxes de época. Ao longo das diferentes xornadas tamén sairán os cocos e cabezudos e haberá verbenas e actuacións musicais variadas, entre outras propostas.

Exit mobile version