Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo para que xs nenxs participen cos cabezudos levando as figuras dos enanitos nas Festas Patronais de Viveiro

Viveiro, 1 de agosto de 2025. O Concello de Viveiro informa de que o vindeiro luns, 4 de agosto, abrirase o prazo para inscribir aos nenos e nenas que desexen participar acompañando aos cabezudos nas tradicionais saídas polas rúas durante as Festas Patronais, do 11 ao 15 de agosto.

A actividade está dirixida a pícaros e pícaras de entre 7 e 12 anos, que levarán as cabezas de enanitos e formarán parte do pasarrúas xunto aos cabezudos. Cada neno ou nena poderá participar un só día.

A inscrición poderá realizarse no Teatro Pastor Díaz, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá anotar un máximo de 4 nenos/as.

As prazas estarán dispoñibles ata cubrir o límite establecido, e adoitan completarse en poucas horas, polo que se recomenda ás familias interesadas que fagan a inscrición canto antes para garantir a participación nesta actividade tan esperada polas crianzas e pola veciñanza.

O Concello agradece, unha vez máis, a gran acollida desta tradición que cada ano enche de alegría as rúas de Viveiro.

Exit mobile version