Site icon Crónica3.com A Mariña

Arrancaron as festas patronais de Xove

Xove, 28 de agosto, 2025. Esta mañá arrancaron as festas patronais de Xove 2025 cunha actividade cultural enmarcada dentro do programa Ler Conta Moito.

Ás 12 do mediodía tivo lugar o espectáculo de narración oral “Cabicivai” de Pablísimo, que por razóns meteorolóxicas se trasladou ao Salón de Actos do Centro Cívico.

Case unha centena de rapaces e rapazas do Concilia e Mañás Activas desfrutaron dos contos de Pablísimo e pasaron un anaquiño divertido.

Pola tarde está previsto o pregón das festas a cargo de Dª Ana María Boñar Rey, farmacéutica titular en Xove, ás 20:30 h no Salón de Actos do Centro do Cívico de Xove.

Tanto o Concello de Xove como a Asociación de Festexos Montevelle, como organizadores destas festas patronais, invitan a veciños e visitantes a achergarse este fin de semana a pasar unhas xornadas de lecer e confraternidade e ante a previsión do tempo informan que se instalou unha carpa cubrindo a praza do concello para que a choiva non sexa un impedimento para desfrutar das festas.

Exit mobile version