Reclama unidade de acción para lograr o desbloqueo dos parques eólicos, a construción do forno de ánodos e un marco eléctrico estable e competitivo para esta industria
Balseiro atribúe as críticas do PSOE á “mala conciencia” porque ao longo desta lexislatura foron incapaces de desbloquear proxectos importantes para a continuidade e emprego da industria do aluminio como son, entre outros, a autorización dos parques eólicos estatais pendentes, comprometer o apoio para o forno de ánodos e ofrecer un marco eléctrico estable e competitivo, como o resto dos países europeos.
Desde o PP reclaman “valentía e unidade de acción” aos dirixentes e alcaldes socialistas da Mariña para que tamén se sumen a estas demandas e colaboren na presión á Moncloa e así forcen ao presidente do Goberno e aos distintos ministerios “a que cumpran o que prometeron aos traballadores de Alcoa”.