recreativa dos Castros coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Os Cabaleiros de Cangas -apoiados pola comunidade de montes de Cangas e polos colectivos culturais e veciñais da parroquia – organizan unha nova edición desta feira que retomaron fai once anos, recuperando o espíritu da antiga feira de gando que se celebraba o terceiro domingo do mes de agosto.
Arredor da feira de gando e do mercado trasicional, a organización programou diferentes actividades para animar o mercado e manter o interese de gandeiros e gandeiras, pero tamén amantes dos animais e visitantes que se acheguen ata a área recreativa ao longo do día.
Durante a mañá ofrécense paseos gratuítos en cabalo e pola tarde -a partir das 16.00 horas- celebraranse concurso de andadura chapeada e serrada, contando con categoría sub 16 para amazonas e xinetes de menos idade.
O deputado de Rural Daniel García destacou que sexa “un colectivo de xente nova, que creen no potencial do rural e loitan porque non esmoreza, os que se puxeran á fronte da recuperación da feira e a manteñan” e manifestou o “apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a estas feiras que, ademais de dinamizar a venda de gando, xeneran recoñecemento e visibilidade para os gandeiros e gandeiras que crían os animais durante o ano, facendo un traballo fundamental para o coidado dos montes”
O recinto feiral contará con postos de comida e animación musical.