O portavoz popular asegura que “o alcalde atrasou os trámites cando o balón estaba no seu tellado, no do Concello, ou no do Goberno do Estado”
O popular asegura que “o que fixo o alcalde foi totalmente o contrario: atrasar totalmente os trámites, especialmente cando o balón estaba no seu tellado, no do Concello ou no do Goberno do Estado, que foi onde máis atraso sufriu este expediente”.
“E cando chegou novamente á Xunta de Galicia foi cando, unha vez máis, a propia asociación A Ribeira e o Partido Popular foron os que se interesaron porque se axilizara o máximo posible tanto en Portos de Galicia como na propia Consellería de Medio Ambiente”, engade.
Castiñeira non entende de que se congratula o rexedor socialista, “como non sexa dun feito carroñeiro político de intentar comer unha peza que el non cazou”. Pola súa banda, dende o Partido Popular “estamos contentos de levar esta xestión a bo termo, o que queremos é que se licite o antes posible”, explica.
PRÓXIMAS MELLORAS
Os populares agardan que “canto antes se inicie o dragado, que é un investimento importante para Foz, para levar adiante a seguinte tarefa: o proxecto de mellora da dársena do porto Chico a petición da asociación A Ribeira”.