Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo celebrará no mes de setembro o Festival de Narración Oral “De Cobo a Xunco”

Este festival itinerante levará contos e historias cada venres a diferentes lugares e parroquias do municipio, cunha programación pensada para persoas de todas as idades que arrincará o 5 de setembro

Cervo, agosto do 2025. O Concello de Cervo vén de presentar o Festival de Narración Oral “De Cobo a Xunco”, que se celebrará ao longo do mes de setembro, cada venres, en distintas parroquias e lugares do municipio. Na presentación participaron a alcaldesa, Dolores García Caramés e Carmen Conde e de Diego Gallego, en representación da compañía Tarabela Creativa, de quen partiu a idea orixinal da proposta.

“De Cobo a Xunco” toma o nome dos dous ríos cervenses —o Cobo e o Xunco— que percorren o municipio ata atoparse co mar, simbolizando o camiño compartido das historias que unen ás persoas e á cultura local. Este festival pretende programar a grandes profesionais da narración oral galega para o publico infantil e adulto, e crear unha competición sana entre ambos ríos nunha gala final que se celebrará no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián, o venres 26 de agosto, ás 22:00 horas, que contará con Carmen Conde como embaixadora do Río Cobo e con Caxoto como embaixador do Río Xunco; ademais de Lupe Blanco e Alba María que regueifando cada unha en representación dun río; o público asistente escollerá cos seus aplausos que río é o gañador.

Tamén haberá un recoñecemento a un persoeiro/a da Cultura de Cervo.

A alcaldesa Dolores García Caramés quixo poñer en valor esta iniciativa que aposta pola tradición oral como ferramenta de expresión, convivencia e memoria, ao tempo que animou a toda a veciñanza a participar nas diferentes sesións previstas.

Quixo agradecer especialmente á compañía Tarabela Creativa a proposta orixinal do festival, unha idea que recolle o espírito creativo e participativo de Cervo.

Programación completa do festival

VENRES 5 de setembro
REGATO (público infantil) – 17:00 h
Escolas vellas de Cervo
Da man de Caxoto

RÍO (público adulto) – 22:00 h
Local social de Trasbar
Da man de Dani Blanco

VENRES 12 de setembro
REGATO (público infantil) – 17:00 h
Escolas vellas de Rúa
Da man Brais das Hortas

RÍO (público adulto) – 20:00 h
Local social de Lieiro
Da man de Paula Carballeira

VENRES 19 de setembro
REGATO (público infantil) – 17:00 h
Local social da Senra
Da man de Marta Ortiz

RÍO (público adulto) – 22:00 h
Antigas Carboeiras de Sargadelos
Da man de Soledad Felloza

VENRES 26 de setembro O PECHE
RÍA (público adulto) – 22:00 h
Gala final no auditorio da Casa da Cultura
Da man de Carmen Conde (Embaixadora do Río Cobo) e Caxoto (Embaixador do Río Xunco)
Ademais de Lupe Blanco e Alba María, regueifando representando cada unha un río

Exit mobile version