Site icon Crónica3.com A Mariña

Coa participación de ponentes de Portugal e Colombia continúa en Ribadeo o XIV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, organizado por Apaga

Ribadeo, 28 de agosto de 2025. Segue en Ribadeo o XIV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, organizado por Apaga.

Na xornada desta mañá interviñeron Daniel Santos, xefe de taller mecánico de Melisauto, que falou sobre a integración dos alumnos Erasmus nesta empresa portuguesa coa que traballa Apaga. E Guiovanny Alexis Muñoz, da Universidade ECCI de Bogotá (Colombia) ofreceu unha visión da formación profesional no seu país.

Pola tarde Álvaro Sauras, director de Autofácil e vicepresidente de AUVE, falará sobre a abordaxe dos incendios nos vehículos eléctricos. Tamén hoxe terá lugar a asemblea anual de Apaga.

As charlas do Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos seguirán mañá, xornada na que terá lugar a clausura da décimo cuarta edición a mediodía.

Onte os participantes puideron disfrutar dun paseo en barca ata Ría de Abres, ademais aproveitan a súa estadía en Ribadeo para coñecer algúns dos enclaves turísticos máis coñecidos do concello.

Exit mobile version