O prazo para inscribirse finaliza este xoves, 21 de agosto
No acto de presentación participaron a alcaldesa de Barreiros; Ana Ermida, a concelleira de servizos sociais; Carmen Veiga, o concelleiro de dinamización; Dani García, xunto con membros da asociación Retroclásicos de Barreiros.
Durante a presentación, a alcaldesa destacou “a importancia de apoiar iniciativas coma esta, que non só ofrecen unha alternativa de lecer para a veciñanza e visitantes, senón que tamén contribúen a dinamizar a actividade local e a poñer en valor o noso concello”.
A actividade comezará ás 10:00 horas coa recepción e exposición de coches e motos clásicas a cal estará aberta ao público para que todas as persoas que queiran poidan achegarse a ver estas xoias sobre rodas. Posteriormente, as persoas inscritas gozarán dunha comida de confraternidade no restaurante La Yenka e farán unha ruta turística polo litoral barreirense. O evento rematará ás 19:00 horas coa entrega de trofeos.
A organización lembra que o prazo de inscrición para a concentración remata este xoves, 21 de agosto, ás 23:00 horas. As persoas interesadas en participar poden facelo chamando ao 697.356.090 (Pedro).
A VII Concentración de Retroclásicos de Barreiros conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.