A deputada de Cultura Iria Castro e represantantes da comisión de festas – Juan Manuel Sánchez, Raquel Trasancos e Cristina Parapar – presentaron o concerto acompañadas por integrantes da banda, que coincidiron en valorar a importancia deste tipo de actuacións, no contexto dunhas festas patronais, para achegar a un público máis amplo e diverso os grupos e artistas que xurdiron en torno á renovación da música tradicional.
A responsable provincial valorou “o interese da Comisión en incorporar ao programa das festas a música galega e en galego, que priorizamos desde a área de Cultura” e sinalou que “a colaboración do tecido asociativo, neste caso da Comisión, é imprescindible para levar esa programación ao territorio”.
De Ninghures actuarán trala verbena coa Orquestra Suavecito.