A festa arrincará o sábado 23 coa primeira gran verbena, a cargo dos Españoles e Disco Móbil Party, que marcarán o inicio de catro días de celebración. O domingo 24 terá lugar o tradicional pasarrúas coa Banda de Gaitas de San Xiao do Trebo e a Danza de Arcos de Cariño, seguido da misa solemne e a procesión en honra a San Bartolo, que contará coa participación da Banda de Cornetas e Tambores ‘Nuestro Padre Jesús Nazareno’ de Ferrol, ademais da Danza de Arcos e a Banda de Gaitas de San Xiao do Trebo. A xornada pecharase cunha animada verbena protagonizada por Atenas e DJ Brunokavi (DJ residente en Sala Coliseo).
O luns 25 continuará a programación cun novo pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas do Ortegal e a Danza de Arcos Infantil de Cariño, que tamén estarán presentes na misa do día. Pola tarde, a música do Dúo Dcache animará a sesión vermú antes de dar paso a un dos momentos máis esperados das festas: o Entroido de Verán. O desfile de disfraces percorrerá as rúas ao ritmo da Batería do Cariño e culminará na Praza Roxa coa actuación de DJ Chocolate, que repetirá pola noite na verbena acompañado por Metrópolis.
Finalmente, o martes 26 celebrarase o último pasarrúas, coa Banda de Gaitas do Ortegal, e a tradicional Xira Campestre, amenizada polo Dúo Delux. Como broche de ouro, orquéstraa Galaxia será a encargada de despedir as Festas de San Bartolo 2025 cunha gran verbena.
O Concello de Cariño convida a veciños, veciñas e visitantes a participar nunha das celebracións máis emblemáticas do municipio con responsabilidade.