Repartiranse 600 euros en premios e as imaxes seleccionadas expoñeranse no consistorio para partir do 24 de outubro
As fotografías desta segunda edición deben mostrar e poñer en valor o atractivo turístico de Ortigueira, atendendo ao seu patrimonio cultural. Por tanto, as fotografías deben reflectar imaxes dentro do municipio de Ortigueira, indicando o lugar no cal foron tomadas.
A participación será libre e gratuíta e as persoas participantes poderán enviar un máximo de tres fotos. Para participar no concurso non poderán ser publicadas con anterioridade en ningún medio de comunicación ou páxina web nin premiada noutros certames.
As fotografías deberán presentarse en papel nun formato entre 30×40 e 40×50, xa sexa en cor ou en branco e negro. Non se aceptarán fotomontaxes, colaxes nin fotografías creadas con IA.
Unha vez cúmpranse todos estes requisitos, poderán entregarse no Concello de Ortigueira ou a través de correo postal. A data límite para presentar os traballos será o 3 de outubro, ás 14:30 horas.
As tres mellores fotografías serán galardoadas con 300, 200 e 100 euros respectivamente. O fallo do xurado coñecerase o 24 de outubro, sendo o mesmo día da entrega de premios.
Ademais, as fotos gañadoras e o resto de preseleccionadas exhibiranse nunha exposición que se situará na Casa do Concello. Esta inaugurarase o día da entrega de premios e poderá visitarse durante todo o mes. As instantáneas en formato dixital serán exhibidas na páxina Web do Concello de Ortigueira e nas redes sociais de Turismo Ortigueira.