Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios da campaña ‘Merca no teu Comercio’ en Burela

Burela, 28 de agosto de 202. A Praza da Mariña de Burela acolleu a Entrega dos Premios correspondentes á campaña “Merca no teu comercio”, que se desenvolveu entre o 20 de xullo e o 4 de agosto nos municipios de Burela, Xove, O Vicedo, Covas e Cervo.

Entre os consumidores que mercaron nos establecementos destas localidades durante a iniciativa, sorteáronse un total de 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros. Os gañadores recibiron esta mañá o seu premio, que deberán empregar en novas compras no comercio de proximidade local.

“Merca no teu comercio ten premio” é unha campaña de promoción e dinamización das vendas do comercio de proximidade dos municipios rurais organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela e outras asociacións de comerciantes destas zonas de A Mariña.

Na entrega de premios participaron representantes das entidades organizadoras, entre eles, José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo; a súa homóloga en ACIA Burela, Eva Luaces; o director xeral de Comercio, Gabriel Alén; o primeiro tenente de Alcalde do Concello de Burela, Mario Pillado; así como outros directivos das asociacións empresariais e do Concello.

Durante o acto presentouse tamén a campaña número 7 de “Merca no teu Comercio” que na provincia de Lugo terá lugar entre o 1 e o 15 de setembro en Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros.

Exit mobile version