Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo terá lugar en Ribadeo o Día da Bicicleta

Ribadeo, 28 de agosto de 2025. Ribadeo celebrará unha nova edición do Día da Bicicleta o vindeiro domingo, 31 de agosto, a partir das 11 horas. A saída será desde a Casa do Concello ata a Illa Pancha e a volta realizarase por Vilaselán e o casco urbano. Ao remate haberá sorteo de agasallos entre os participantes.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a coller a bici o vindeiro domingo e a pedalear todos xuntos. Será unha maneira divertida e saudable de despedir o mes de agosto en Ribadeo”. A concentración dos participantes a carón do Pazo de Ibáñez está prevista para as 10:30 horas.

O Día da Bicicleta está organizado polo Concello de Ribadeo, conta co patrocinio de Vegalsa e está promovido por La Voz de Galicia. Colaboran: BeOne, Decathlon, Deportes Docobo, Atleet Ribadeo, Cerezo Bikes, Pillabikes, Club Ciclista Eo e Hola Ola Ribadeo.

A presentación tivo lugar esta mañá no parque de San Francisco con asistencia de organizadores, promotores e colaboradores.

Exit mobile version