Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres comeza en Viveiro unha nova edición do Naseiro, a tradicional «Romaría do bo xantar»

A Romaría contará con actividades relixiosas, musicais, gastronómicas e infantís

Viveiro, 21 de agosto de 2025. Viveiro vivirá entre o 22 e o 27 de agosto unha nova edición do Naseiro, a tradicional «Romaría do bo xantar», declarada de Interese Turístico Galego. Durante seis días, o Campo da Festa acollerá misas, procesións, sesións vermú e verbenas.

O venres 22 celebrarase o Día do Polbo, co oficio relixioso ás 13.30 horas na capela do Campo da Festa e procesión, nunha xornada amenizada por unha charanga. O sábado 23 abrirán a verbena as orquestras Elebé e Pasión, mentres que o domingo 24 será a quenda de Los Supertop e Alcántara. O luns 25 actuarán Salsarena e Arizona, e o martes 26, Los Españoles e Conxuro. A programación pechará o mércores 27 co Día do Neno, que ofrecerá atraccións a prezos populares.

A alcaldesa Mariña Gueimunde subliñou que «o Naseiro é unha das festas máis queridas e recoñecidas de Galicia, unha cita que combina tradición, música e gastronomía, e que cada ano reúne milleiros de persoas arredor da amizade e da boa mesa».

Exit mobile version