“Despois do cambio de goberno en marzo, no mes de xuño contactamos co novo equipo de goberno, para saber si contarían con nosoutros para participar dentro da programacion das festas patronais 2025, como víñamos facendo dende hai anos, a pesar de que o concello, nos confirmara inicialmente a nosa actuación, Días despois, recibimos a noticia, de que non seria posible por falta de orzamento”.
“Esta decisión parecenos dificil de comprender, especialmente cando o concello anunciou fai uns días subvencions por un total de 188.000 € para a promocion turistica e cultural”.
“Esta situacion non so nos deixa fora dunhas festas nas que participamos dende fai anos, senon que tamen mostra unha falta de consideracion cara o traballo dos artistas locais, que dependemos de este tipo de actuacións para poder financiarnos, xa que “ sons de celeiro” non recibe ningun tipo de subvencion nin axuda de ningunha administración”, pero si, necesita dun orzamento para poder seguir creando e cubrindo os gastos que xeneran como calquer outro grupo e proxecto musical que o require”.
“Queremos deixar claro, que non actuaremos gratis nunha programacion oficial. Sempre colaboramos co concello en condicions xustas, e, ainda que participamos altruistamente en varios eventos benéficos, consideramos que non e aceptable, que se pretenda soster unha programacion cultural dunhas festas patronais, a custa do traballo non remunerado dos artistas locais”.
“Revindicamos o respecto e a dignidade do noso traballo, e pedimos que se xestionen os recursos culturais con transparencia e equidade”.
“Acompañamos este escrito cunha carta-felicitacion por parte do concello de Viveiro, que parecia estar orguioso da nosa andaina musical, sempre levando o nome de Celeiro e Viveiro, como estandartes da nosa discografia, donde se incluen moitos temas ineditos, nos nosos videos musicais, en radiovoz, na radio galega, e en moitas outras actuacions de programas televisivos”.
“Agradecemos o apoio do publico que nos segue, e agardamos poder ofrecer a nosa musica a Viveiro, a Celeiro e outros lugares, sempre como fixemos e como se merece”.
Boas festas patronais a veciños e visitantes.
Grupo de voces “ Sons de Celeiro “