O alumno do IES Perdouro de Burela, Hugo Gorgojo Basanta, xa acadara o 1º posto na subsede galega de San Sadurniño na fase autonómica galega e foi 4º na fase nacional en Tremp (Lleida), así que viaxou a China con outros 3 representantes españois.
Durante a fase internacional da olimpíada, algúns dos paraxes que visitaron foron o monte Fénix, a montaña Shimen, o lago Taibai en Jininng, o maior do norte de China, o xeoparque Yangshang etc. Nestes lugares de relevancia xeolóxica participaron en varias probas teóricas e prácticas nas que realizaron proxectos e traballo de campo.
Hugo Gorgojo conseguiu os seguintes recoñecementos:
Bronce en “Earth Science Project Category”.
Prata en “International Field Team Investigation”.
Bronce en “Individual Test Category”.
Os outros 3 representantes españois, de Santiago de Compostela, Salamanca e Badaxoz, tamén obtiveron bos resultados na clasificación desta fase internacional da Olimpíada de Xeoloxía.