O programa inclúe catro xornadas cheas de eventos que unen o sentimento relixioso coa oferta lúdica e cultural. A Novena dos Remedios, a Misa de Ofrenda e a solemne procesión do domingo ou a Misa de Cofrades do luns festivo marcarán os momentos máis destacados no plano relixioso.
No eido musical e festivo, destacan as actuacións da Mekanika Rolling Band (venres), a orquestra Principal e o concerto de Natalia, concursante da primeira edición de Operación Triunfo (sábado), a verbena coa orquestra Combo Dominicano (domingo), e a música de D-Kris na sesión vermú do luns. Non faltarán tampouco as sesións de vermú, as orquestras “Zafiro” e “Nueva Fuerza”, nin a tradicional Xuntanza de Cantos de Taberna, que enche as rúas de música e ambiente popular.
O público infantil terá o seu espazo co espectáculo de Micromina Teatro (sábado), co Día do Neno (luns) e coa tradicional romaría das XVIII Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño”, que inclúe xogos populares, degustación gastronómica e música tradicional.
No ámbito deportivo, destaca a celebración do X Memorial Ramón Espantoso, que enfrontará ao Mondoñedo F.C. e La Caridad F.C. o domingo 14 no campo municipal Viñas da Veiga.
A programación complétase coa parte cultural, na que se inclúe a inauguración da rúa Andrea López Chao e a presentación do documental “Andrea López Chao, o legado dunha mestra galega en Cuba”, actos que terán lugar o luns no marco das xornadas do peregrino.
Programa completo das Festas dos Remedios 2025
VENRES, 12 DE SETEMBRO
19:30 h: Novena da Nosa Señora dos Remedios.
20:30 h: Festival “Mamá quero cantar” (Auditorio Pascual Veiga).
23:30 h: Mekanika Rolling Band (Praza do Concello).
SÁBADO, 13 DE SETEMBRO
12:30 h: Espectáculo infantil “Pasmo de Pedra” (Xardín da Igrexa dos Remedios).
13:30 h: Sesión vermú con Zafiro.
17:30 h: Obradoiro de baile tradicional.
19:30 h: Novena dos Remedios, presidida polo Bispo de Mondoñedo-Ferrol.
20:00 h: XIII Xuntanza de Cantos de Taberna.
22:30 h: Verbena coa orquestra Principal.
23:30 h: Foliada aberta dos Cantos de Taberna.
00:00 h: Concerto de Natalia (OT1).
DOMINGO, 14 DE SETEMBRO
11:30 h: Saída da comitiva cara ao Santuario dos Remedios.
12:00 h: Misa de Ofrenda á Virxe dos Remedios, presidida polo Bispo. Canta a Coral Polifónica de Ribadeo. A continuación: Procesión.
13:30 h: Concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo.
14:00 h: Sesión vermú coa orquestra Nueva Fuerza.
18:30 h: X Memorial Ramón Espantoso (Mondoñedo F.C. – La Caridad F.C.).
22:00 h: Verbena coa orquestra Combo Dominicano e discomóbil Conxuro.
LUNS, 15 DE SETEMBRO – Luns dos Remedios (festivo local)
12:30 h: Misa de Cofrades, cantada polo Coro Mindoniense.
13:30 h: Sesión vermú con D-Kris.
17:00 h: Romaría na rúa Andrea López Chao, con xogos, Torneo da Chave e degustación gastronómica.
18:40 h: Actuación de O Arco da Vella (San Miguel de Reinante).
19:00 h: Inauguración da rúa Andrea López Chao.
20:00 h: Concerto da Escola Municipal de Música “O Pallarego” e proxección do documental sobre Andrea López Chao (Auditorio).
Durante a tarde: Día do Neno, con descontos nas atraccións.
A comisión organizadora agradece a colaboración das entidades e veciñanza, e deséxalles a todos unhas felices Festas dos Remedios 2025.