Olga García “A veciñanza está farta de escoitar ao señor alcalde falar de investimentos millonarios que nunca chegan e de ver como fai fotos con representantes da Xunta mentres seguimos sen auga potable”
Segundo estes informes, os valores de enterococos, que deberían ser de 0/100 ml, presentan un nivel de 1/100 ml. As bacterias coliformes, indicadoras de contaminación fecal, superan tamén o máximo permitido: 102 UFC/100 ml, cando o límite é de 100. A turbidez da auga acada os 21 NTU, superando amplamente os 5 NTU recomendados. E no caso do arsénico, a situación é especialmente grave: o valor permitido é de 10 µg/l, e as analíticas recolleron 40 µg/l.
Porque non se prohibiu o uso da auga ata fai uns días? A veciñanza leva 2 meses consumindo auga con contaminantes moi prexudiciais para a saúde.
O BNG de Castro de Rei, a través da súa concelleira, Olga García, levou a pleno mocións e preguntas para ver de solucionar este problema máis a solución do alcalde sempre foi a mesma: temos que mellorar a captación.
“A veciñanza está farta de escoitar ao señor alcalde falar de investimentos millonarios que nunca chegan e de ver como fai fotos con representantes da Xunta mentres seguimos sen auga potable”, declarou Olga García, concelleira do BNG. “É inaceptable que se sigan repetindo episodios de contaminación sen que se tomen medidas reais e urxentes”.
Desde o BNG esíxese unha intervención inmediata por parte do goberno local e da Xunta de Galicia, coa execución efectiva e sen máis demoras do anunciado investimento de 2 millóns de euros para mellorar a captación e garantir a calidade da auga. “Non queremos máis promesas, queremos auga potable”, concluíu a concelleira nacionalista.