Os nacionalistas denuncian o sectarismo do alcalde José Manuel Lamela ao discriminar ás veciñas e veciños de Moucide, Santa Cruz, Budián, Frexulfe, Santo Tomé e Recaré dexándoas sen axudas
O concello tén que abrir un procedemento para a concesión de subvencións
Tal como se contempla nas Bases de Execución dos orzamentos, o outorgamento das subvencións a asociacións pode ser a través dun procedemento de concorrencia competitiva ou ben a través dun procedemento de concesión directa, mediante convenios ou nominativamente reflectindo no documento orzamentario de forma expresa o nome das asociacións beneficiarias e a cantidade asignada.
Visto esto, o BNG proponlle ao concello que elabore un procedemento transparente e igualitario para a concesión de subvencións a asociacións, tal como recollen as Bases de Execución do Orzamento de xeito que non quede ningunha fóra daquelas que o soliciten e cumplan cos requisitos.
Neste sentido o portavoz municipal Eduardo Chao manifestou que “temos que rematar con esta política de discriminación que está levando a cabo o Partido Popular coas asociacións, que fan unha importante labor pero que sen axuda do concello pouco poden facer porque os recursos que tenen son escasos”.
Dúas asociacións levan axuda e seis non. “Esa é desastrosa xestión do PP”
No pleno do pasado 15 de abril o BNG fixo constar que unha vez examinados os orzamentos, non figuraba ningún tipo de subvención para as asociacións das parroquias de Santa Cruz.
“Nosoutros no exercicio anterior, cando estivemos no goberno tiñamos recollido nos orzamentos 70.000€ para subvencións, e ese diñeiro repartíase entre todas as asociacións, sen discriminacións de ningún tipo, pero agora este novo gobeno do PP apoiado por Udival volve á súa práctica habitual de dar subvencións a dedo, por que dúas subvencións sí que as deu, pero marxinando a seis asociacións que fan unha importante actividade nas súas parroquias” manifestou o concelleiro nacionalista Eliseo Teijeiro.