Enfrontarase ao Porto ás 12.30 horas no Pavillón Municipal
O Breogán será o único equipo galego na Liga ACB esta temporada. O último día de agosto ofrecerá aos viveirenses a oportunidade de coñecer o seu proxecto e as novas fichaxes de cara ao curso 2025-2026.
As entradas terán un prezo de 10 euros para adultos, 5 euros para nenos e nenas de 7 a 17 anos, e entrada gratuíta para menores de 7 anos. Poderán adquirirse en liña a través das webs do Río Breogán e do Club Baloncesto Viveiro, así como de forma presencial nos establecementos Viveiro Van Surf e Vinoteca Aquitania.
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, lembra que a visita do Breogán á vila suporá «unha oportunidade única para gozar do mellor baloncesto e para vivir un partido entre dous rivais de máxima categoría nun ambiente especial».