A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, acudiu ao acto de clausura para acompañar á cativada e ás súas familias nesta xornada na que se fixo entrega dos diplomas acreditativos. Houbo partidiños de exhibición para que as familias puidesen ver xogar ás súas crianzas e tamén, agasallos do RC Celta de Vigo entre os participantes.
Ermida amosou a súa ledicia “por ver como, ano tras ano, o Campus se consolida en Barreiros e a boa acollida que ten por parte da veciñanza”. A alcaldesa mostrou o seu agradecemento “á Fundación do Celta de Vigo por elixirnos como unha das sedes para celebrar o campus e aos nosos clubs, O Celta Barreiros e o Iberia, que ceden as instalacións para albergar as 5 xornadas do campus”.
O Concello de Barreiros seguirá apostando por estas actividades que non só ensinan técnica, senón que educan en valores e promoven un lecer saudable para a rapazada.