Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Street Market

Viveiro, 18 de agosto, 2025. Dende o martes 19 ata o venres 22 de agosto serán preto de 30 negocios participantes os que realizarán promocións especiais en miles de artigos de tempada. Trátase de converter o final do periodo de rebaixas nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos.

O centro histórico de Viveiro convertirase nun mercado de rúa onde poderase mercar de todo, dende un agasallo especial ata darte un capricho. Ademáis, haberá música polas rúas a través dos máis de 2 km de fío musical que hai instalados na área comercial.

Unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios para que a xente poida ollar directamente os produtos e os fantásticos descontos que teñen (se o tempo acompaña). A gran variedade de tendas que se suman a esta campaña fan que sexa todo un reclamo para os clientes que poden atopar verdadeiras gangas en artigos de calidade e primeiras marcas. Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería e mercería, xoias, florerías e salóns de peiteado.

Para aproveitar estas oportunidades anímase ós clientes a que se acheguen ata o Centro Histórico de Viveiro durante estes días, paseen polas rúas, desfruten da ampla variedade comercial mercando con fantásticos descontos e de paso desfrutar da hostalaría da vila e da nosa gastronomía.

Os locais participantes estarán identificados con chamativos carteis co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo saber aqueles locais nos que poderá desfrutar destas promocións.

Tratase de ofrecerlle os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, ca mellor calidade, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

“Desfruta do comercio local a pe de rua có Street Market que organiza o Centro Histórico de Viveiro!. Xa tes plan para estos días, ven a Viveiro e desfruta do comercio que da vida á nosa vila!”.

Exit mobile version