O novo servizo, que parte das concellerías de Sanidade e Promoción económica con colaboración do SAF, escolleu ás 22 persoas que se beneficiarán inicialmente desta iniciativa
O programa, que empezará atendendo a 22 persoas seleccionadas polo persoal do SAF, está pensado para casos que requiren intervención profesional urxente ou continuada, como pacientes con diabetes, uñas encarnadas ou outras patoloxías graves de podoloxía. O servizo será prestado polo podólogo Alberto Pita, quen se desprazará persoalmente aos domicilios para realizar as atencións necesarias, evitando que as persoas beneficiarias teñan que afrontar desprazamentos que en moitos casos resultan imposibles polo seu estado de saúde.
A iniciativa é froito da colaboración entre as áreas municipais de Sanidade, Promoción Económica e o SAF, que traballaron de forma conxunta para deseñar un recurso que complemente a atención sociosanitaria e mellore as condicións de vida das persoas máis fráxiles do municipio. Na reunión de coordinación celebrada hoxe participaron o alcalde, Valentín Calvín; a concelleira de Promoción Económica, Isabel Rego e a edil de Sanidade, Ana Cartelle; así como a traballadora social responsable do SAF; a psicóloga municipal; e o propio podólogo.
Desde o goberno local sublíñase que este novo servizo supón un paso importante na atención á poboación máis vulnerable e confíase en que poida manterse de forma estable no tempo. “No solo estamos mejorando la salud de nuestros vecinos y vecinas, sino que también les estamos ofreciendo dignidad, comodidad y bienestar sin que tengan que salir de sus casas”, salietaron desde o Concello.