Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Trabada abre o prazo de inscrición para pilates e baile de salón

Trabada, 12 de agosto de 2025. O Concello de Trabada informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades de pilates e baile de salón, que se impartirán todos os xoves a partir de setembro na sala multiusos da Casa da Cultura.

De 18:00 a 19:00 horas será pilates , cun prezo de 30 € por persoa ao mes. Pola súa banda, o baile de salón terá lugar de 19:00 a 20:00 horas, cun custo mensual de 30 € por persoa ou 50 € no caso de inscricións en parella. Non é obrigatorio anotarse por parellas para participar.

As prazas son limitadas e as inscricións poden realizarse ata o 29 de agosto nas oficinas municipais do Concello ou chamando ao teléfono 982 135 011.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos ofertando diferentes actividades deportivas e culturais para todos os públicos, coa intención de promover hábitos saudables, fomentar o encontro social e dinamizar a vida no noso municipio. Queremos que a veciñanza teña ao seu alcance propostas variadas e accesibles durante todo o ano”.

Desde o Concello de Trabada anímase a todas as persoas interesadas a inscribirse nestas actividades, que combinan exercicio físico, aprendizaxe e diversión nun ambiente participativo.

Exit mobile version