Conscientes da importancia de preservar o medio ambiente e garantir unha recollida eficiente dos residuos, o Concello habilitou dúas caixas específicas para o depósito dos enseres. Estas caixas atópanse pechadas, co obxectivo de asegurar unha correcta clasificación dos materiais.
Localización das caixas:
Contorna do aparcadoiro do club ciclista
Campo da festa
Pídese que os enseres sexan depositados ao carón das caixas, evitando deixalos noutros puntos da contorna. Esta medida responde á dificultade de acceso dos camións de recollida a determinadas zonas, especialmente en condicións meteorolóxicas adversas, que poden provocar o debilitamento do terreo.
Desde o Concello, lembran tamén os servizos municipais dispoñibles para facilitar a correcta eliminación de residuos:
Horario do Punto Limpo (Patarroa – Escourido)
Luns, mércores e venres: 08:00 – 14:00
Martes e xoves: 09:00 – 13:00 e 15:00 – 19:00
Sábados: 10:00 – 13:00 (excepto o 4º sábado de cada mes)
Servizo de recollida de enseres a domicilio (gratuíto):
Para mobles, electrodomésticos, cables, restos de poda, etc. A solicitude debe realizarse no teléfono 697 162 637. E os días de recollida son: mércores e venres (do 1 de xullo ao 15 de setembro, así como en Nadal, Entroido e Semana Santa). O resto do ano os mércores.
“Agradecemos a colaboración de toda a veciñanza e das persoas asistentes ao Naseiro. O compromiso colectivo é clave para manter un ambiente limpo e sostible”.