
O festival programa unha vintena de actuacións de diferentes estilos musicais, mesturando grupos consolidados con outros emerxentes da escena galega e nacional. Están confirmados artistas como Baiuca, Viva Suecia, Siloé, Marlena ou Grande Osso, entre outros. Arias felicitou á asociación cultural Fanto Fantini por “presentar un ano máis un gran cartel, que vén a completar a oferta cultural e turística da comarca da Mariña e contribúe a consolidar a provincia como un dos territorios con máis e mellores festivais de música alternativos”.