Site icon Crónica3.com A Mariña

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este sábado no Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen no arranque da XXXIX edición da Feira do Bonito

Esta cita, declarada Festa de Interese Turístico Nacional no ano 2019, celébrase durante esta fin de semana no municipio mariñán. Tras a inauguración e a lectura do pregón a cargo do burelés Juan Carlos Enríquez Casas, iniciouse a degustación de bonito que se serviu en diferentes elaboracións. A este acto tamén asistiu a Alcaldesa de Burela e Deputada Provincial, Carmela López Moreno, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, e o Alcalde de Trabada, Rubén García Freije, entre outras autoridades.

Exit mobile version