Os actos estiveron cargados de emotividade e referencias históricas a este día no que antiguamente familias mindonienses aproveitaban o festivo do día 15 e o disfrutaban na praia de Foz, así como realizando xuntanzas e citas gastronómicas.
Este ano pregoaron este acto a mestra focense, María Fernanda Fernández por parte de Foz, e Zalo García pola banda de Mondoñedo. Ambos testimonios puxeron de manifesto os sólidos lazos destes dous municipios da Mariña Lucense.
Non faltaron tampouco os pasarrúas de gaitas polos locais de hostalería, nun ambiente de confraternidade que define á perfección o espírito deste encontro.
A xornada pechouse cun concerto no barrio da Islanova, na cabeceira da praia da Rapadoira, onde soaron ritmos de raíz galega coa orquesta Sons Varadero, poñendo o broche de ouro a un día cheo de simbolismo e alegría.
Segundo o promotor do evento, José Maria García Rivera: “O Día de Mondoñedo en Foz xa é moito máis ca unha celebración puntual: é un exemplo de irmandade, cooperación institucional e de orgullo comarcal, que lembra que a Mariña é forte cando camiña unida”.