Site icon Crónica3.com A Mariña

O Mindus Maxicus terá lugar os vindeiros días 29 e 30 de agosto en Mondoñedo

Mondoñedo, 22 de agosto, 2025. Ven de presentarse unha nova edición do Mindus Maxicus, que terá lugar os vindeiros días 29 e 30 de agosto na cidade episcopal.

Na presentación, ao pé da estatua do mago mindoniense por excelencia, Álvaro Cunqueiro, estiveron presentes o Alcalde da Cidade, Manuel Otero, o Concelleiro, Manuel Tapia e un representante do espectáculo, Aris Villarino.

O programa deste ano, continúa a ser intenso e atractivo, e nel participarán os magos Aris Villarino, Mago Deimi, Mago Ninou e O Gran Mago que encherán de maxia Mondoñedo na última fin de semana de agosto.

Dentro das actividades que se levarán a cabo, hai que destacar:

– Maxia Solidaria que se celebrará no Hospital de San Paulo e San Lázaro, na Residencia San Rafael e no Centro de Menores.
– Obradoiro Máxico na Casa da Xuventude
– Gala Mindus Maxicus na Casa da Xuventude
– Maxia na hostalería local

Dende o Concello de Mondoñedo e o equipo de magos, “queren convidarte a que veñas a Mondoñedo a gozar da maxia en estado puro durante esta última fin de semana de agosto”.

Exit mobile version