“César Mogo limítase a aplaudir que Sánchez deixe a mariñáns e lucenses abandonados”
Para o PP, ou César Mago “vai por libre, deslexitimando esta iniciativa” ou directamente “non fala cos seus compañeiros socialistas en Ribadeo” que xunto ao resto dos grupos políticos e o propio alcalde, veñen reclamando este segundo enlace.
Desde o PP tamén recordan que o tramo de autovía entre Ribadeo y Reinante, o primeiro treito galego, inaugurouse o 15 de maio de 2007, cando era presidente Jose Luis Rodríguez Zapatero, e que daquela non se proxectou este segundo enlace que agora se demanda. “Tiveron tempo máis que suficiente para facelo, incluso modificando o proxecto inicial da obra, se entendían que debera ser mellorado, pero de aquela non había vontade” Con todo, si o Ministerio de Transportes quere agora acometer esta obra “pode facelo perfectamente, sen ningún impedimento técnico ou orzamentario. O que se require é vontade”.
O populares non comprende por que o senador socialista está tan molesto co traballo do Partido Popular no Senado e din que só se xustifica no feito de que el non fai nada por reivindicar melloras para a provincia. “César Mogo limítase a aplaudir que Sánchez deixe a mariñáns e lucenses abandonados”, conclúen.